Blogia

Andresadas

Onde se esconde Papá Noel?

Onde se esconde Papá Noel?

Seguramente que todos vós preguntades onde descansa Papá Noel, despois dun esgotador mes de Decembro, repartindo regalos polo mundo enteiro. Pois, Andresiño atopouno... O noso peculiar amigo, metérase nun bo recanto. Vemos que ben o pasa con esta rapaza... Para que se teña outra imaxe de Papá Noel, e non só a de " Jou, jou, jou...", e a da Coca-Cola... Papá Noel, es un pillín.

Porque os tios son os xefes e as tias unhas putas?

Porque os tios son os xefes e as tias unhas putas?

Neste artigo trato de reflexar como continuamos vivindo nunha sociedade machista. Entre os xoves, hai unha diferenza clara no que respecta á educación sexual. Os homes son os que dan o paso, os que van decididos á rapazaque queren e que lles gusta,para cortexala, conquistala e namorála . Elas, deben esperar a que o home dea o paso para poder falar, flirtear e despois... o que xurda. Esta é a imaxe que a sociedade ten que deberia ser o sexo entre os xovens.
Pero enganan-se. A mocidade deberia poder difrutar do sexo, sen que haxa barreiras, obrigas nen ridículos códigos de conducta. Hoxe en dia, a muller fai un uso maior da sua liberdade neste esquema de relazóns, e, en moitas ocasións, isto non é ben visto pola sociedade. Son as próprias mulleres, na maioria dos casos, as que son machistas.

- Fulaniña se lió o luns con Javier, e o xoves estaba con Esteban.
- , Que Fulaniña fixo tal cosa? ¡ Miúda puta!

Este tipo de comentários son frecuentes, e en moitas ocasións, realizados e criticados polas mulleres. Agora poñamos o caso de que Esteban praticase sexo con tres mulleres diferentes nunha semana. Cais serian os comentários que se farian sobre el? Os homes dirian:

- Ey tio, , inteirache-che de Esteban? O que chefe! Con tres tias en seis dias

Sen embargo... , Cais serian os comentários das rapaces? Gostaria-me que expusiérais as vosas opinións sobre este tema. ¿ É certo iso? Debemos ser os homes, os que deamos o primeiro paso?...

"Macho, macho, macho, yo soy un macho..."

"Macho, macho, macho, yo soy un macho..."

Nun artigo anterior falouse da série chilena Machos. Sería interesante analizar, ademais da série en si, e das actitudes adoptadas polos irmáns Mercader, a Banda Sonora que se preparou de forma exclusiva para a serie. Despois de escoitar a canción, comprobamos que é un resquício máis dunha sociedade patriarcal, machista e misóxina. A continuación, publico para todos vós, a letra: Machos.

No hay machos como los Mercader
Vengo de una familia en la que te obligan ser un buen varón
y no sabe que macho se nace y no se construye como una mansión
Soy un macho firme y sincero y a veces me cuesta decir que te quiero
pero puedo bajarte la luna porque ser buen macho es mi fortuna

MACHO, MACHO, MACHO: Yo soy un macho firme y plantao
y vengo de pura cepa yo soy un macho muy bien parao (ESTRIBILLO)

Tú te crees que porque tienes cuatro mujeres te puedes hacer el varón
y no sabes que varón se nace no es el que se hace pasar por hombrón
debes amar, una sola entregar mil besos y un ramo de flores
porque un macho es aquel que las trata con mucho cariño y no tiene temores
Soy un macho de pies a cabeza que cuando te mira sabe lo que piensa
Soy un macho de muchas razones que tira mil besos y un ramo de flores
Soy un macho firme y plantao que cuando te mira se queda piltrao
Soy un macho y vengo de cuna porque ser buen macho es mi fortuna

MACHO, MACHO, MACHO (Bis)

MACHO, MACHO, MACHO: Yo soy un macho firme y plantao
y vengo de pura cepa yo soy un macho muy bien parao (ESTRIBILLO)

MACHO, MACHO, MACHO

As reaccións ós piropos

¿ Como reaccionan as mulleres ante os piropos dos obreiros? A pregunta parece de sinxela resposta, pero as reaccións son múltiples. Calquera resposta que me aventure a enunciar seria unha mera hipótese, posto que eu como home non recibín ningún piropo por parte dun obreiro (non quere dicir que non os recibese nunca). Por iso, a miña opinión quizais non sexa valida, xa que carezco de experiencia no tema. Supoño que a reacción normal e lóxica por outro lado, sería a de enoxación por parte da muller, xa que está a ser degradada como ser humano, pero, pode resultar o lado contrario; o insulto sexa de semellante orixinalidade (que sexan denigrantes para a muller, non quere dicir que non sexan orixinais), que á muller lle faga mesmo graza. No último capítulo de Mis adorables veciños (série de Antena 3 da cal non son espectador habitual, pero xa se sabe, o zapping está de moda e poñen poucos programas que sexan realmente interesantes na televisión), un obreiro, que era interpretado polo actor e cómico Miki Nadal, piropeaba a Paz Padilla (actriz protagonista da série), empregando varias frases das que enumerei en artigos anteriores. Establecendo esta relación, vemos que para os obreiros non hai discriminación: tódalas mulleres son fermosas, todas sofren sendo piropeadas (iso si, unhas mais que outras)...

Por certo, gustaríame incluir as dúas novas frases aportadas pola miña compañeira Rebeca, moitas grazas:
1. Estás tan boa que che comeria a regra a culleradas (deste non me lembraba, e iso que llo dixeran a unha amiga miña, e eu estaba presente)
2. Gustaríame ser mariachi para tocarche a cucaracha (Este era totalmente descoñecido)

Supoño que os culpables deste tipo de situacións tampouco non son os propios obreiros: como dixo Larinha nun intelixente comentário no blog: "Os obreiros non fan máis a responder a un esquema sosial". Que razón tes (grazas polo comentário). Agora, gustaríame saber cales son as vosas opinións rapaces. Seria interesante aprender un pouco deste tema (ainda que semelle que non hai nada que quitar en claro).

Por último, agradecer a David, un dos meus mellores amigos e compañeiros (non só do web blog) que me aportara esta idea para un artigo, que espero teña tanto éxito. De paso, anunciar un pouquiño o seu web blog: Dende Muros para ou Mundo

O fruteiro. Un machista sen nome

O fruteiro. Un machista sen nome

Todos coñecemos ao Fruteiro, un dos principais personaxes da série Sete Vidas que se emite en Telecinco, tódolos domingos a partir das 22.00h (prime-time). Desde o 1 de maio, esta série cumple unha temporada máis. Xa son 7 os anos que esta magnífica parodia da sociedade actual nos leva divertindo. Neste artigo, centrarémonos como xa antes dixen, nun dos máximos expoñentes da série, interpretado polo actor, cómico e monologuista Santi Rodríguez.
O fruteiro é o claro estereotipo de home estancado no franquismo, facha, misóxino e egoísta. Só fai as cousas polo seu propio interese, ainda que como case todo ser humano, en ocasións demostra ter un grande corazón. Posúe o seu comercio propio e explota a traballadores ilegais, aos cales mantén sen contrato. Pasa gran parte do seu tempo no Casi que no, a taberna do seu amigo Gonzalo, que trala separación con Carlota tivo que vender á avogada da súa esposa, Mónica. Ainda asi, Gonzalo continua traballando na tasca, despois de que a nova xefa lle contratase como encargado.
Para el a superioridade do home sobre a muller é unha realidade, e trata a tódalas mulleres da mesma maneira: como meros obxectos sexuais, excepto a súa muller, á cal trata con desprezo, dicindo dela que é un becho gordo e feo. Con mulleres fermosas escápanselle comentários tales como: "Que non me entere eu de que ese cuiño pasa fame" ou "Se esa fora a miña hucha, metería agora mesmo tódolos meus aforros". Ademais é afeccionado a acudir a prostíbulos ou á whiskería, como a el lle gosta chamárlle .
Nesta temporada, o fruteiro decide vender a frutaria (valla a redundáncia), por unha cantidade económica substanciosa, e asi pasar máis tempo cos seus amigos e a vivi-la vida.
O seu grande amigo é Gonzalo, ainda que con Sergio tamén garda unha grande complicidade e confianza. A pesar de se-la ovella negra da pandilla, o fruteiro sempre é protagonista nos grandes momentos, e está presente nun lugar ou outro, e, ainda que garde diferenzas co grupo de mulleres da série (a Vero non para de piropeala de maneira ofensiva, Sole non lle soporta polas súas ideas políticas e a Diana sempre lle solta comentários machistas falando dos seus peitos), dunha forma ou outra, se poderia dicir, que este personaxe converteuse en imprescindíbel para a série e un dos grandes protagonistas...
A foto á dereita, como as súas ideas...

Machos, unha serie... Machista ?

Machos, unha serie... Machista ?

Machos é unha das séries de mais éxito de toda Latinoamérica. Sete irmáns, e o patriarca Ángel que os domina ao seu gusto. Eles son, a família Mercader. En Chile, a audiencia enganchouse de maneira increibel durante oito meses no canal 13. Nesta série vivimos as aventuras destes irmáns, os amores, os desamores, os engaños que sofren, e demáis anécdotas que tolean aos espectadores. Debido á actitude e o temperamento do patriarca, teñen que comportarse como auténticos machos se queren ser aceptados por el.

Mais alá de ser unha producción televisiva exitosa, Machos marcou o regreso da Área Dramática de Canal 13. Verónica Saquel, traballadora do Canal 13, directora desta área, sempre confiou en que o traballo que se estaba a realizar nesta producción estaria cheo de triunfos; e non se enganou. A principal referéncia da série era o ámbito familiar e de amigos. Machos, ademais de lograr disparar os audímetros, tamén conseguiu obter un impacto social somamente forte.

Todo o mundo queria máis de Machos, e as empresas se deron conta de iso. Eventos, desfiles e mesmo publicidade foron parte da seguidiña de logros que conseguiron certos actores da história. Por iso, tentóuse expander o seu fenómeno ao resto do planeta. Tal foi o renome que atinxiu a teleserie, que a súa fama traspasou as fontreiras. En decembro de 2003, a história dos Mercader foi transmitida por TVE para toda España. A serie comezou tendo éxito pola novidade, pero ainda asi, durou pouco tempo en antena. A sua Banda Sonora, foi, se cadra, o que mais éxito tivo. Todos lembrámola: Macho, macho, macho...

Nunca tiven a oportunidade de ver esta série, pero o seu argumento semella insulso, e falto de sentido. Ten mais de telenovela que de série. O título dino todo: téñense que comportar como machos, o cal xa supón crerse superior á muller. O símbolo de home na O do título, outro símbolo representativo que a série pode significar. Considero que en case todas as séries, hai connotacións machistas, pero ainda asi, seguramente esta se leve a palma..

Frases míticas de obreiros II. O retorno

Frases míticas de obreiros II. O retorno

Os piropos dos obreiros non poden encherse nun só artigo. Necesitamos colocar outro artigo para que sigan lendo as ingeniosas frases que se lle ocorren aos nosos amigos do grémio da construcción. A continuación, outras dez, para que evalueis as máis brutas, as máis graciosas ou, as que máis vos chamaron a atenzón:

11. ¡¡¡Non cho vas crer, pero eu fai 30 segundos era maricón!!!

12. !!! Con un cú tan bonito tes que cagar bombóns!!!

13. ¡¡¡Guapa!!! ¡¡¡Que mexas colónia!!!

14. ¡¡¡Non teño pelos na lingua porque ti non queres!!!

15. Teño sede, nena, e ti arrecendes a Gatorade.

16. Iso é un corpo, e non o da Guardia Civil.

17. Xogar ao doutor é para nenos, ven e xoguemos ao xinecólogo.

18. O teu pai debia te-lo cipote como o cincel de Miguel Ángel pa facer semellante escultura.

19. Chavalota, faría contigo máis cousas que as que faría macgiver en bricomanía.

20. ¡¡¡Mozaa!!! ¡¡¡Se o teu cú fose un banco meteríache o cipote a prazo fixo!!!

Superass... Superman non pode co traxe

Superass... Superman non pode co traxe

Nesta fotografia vemos como Superman ten que pasar por sastrería... O seu traxe rompeu e non vai poder salvar Metrópolis nesta ocasión.
O corpo foi pintado de maneira excepcional, xa que apenas se nota que foi retratado, dá o pego e semella un debuxo real...
Espero que vos guste

Outra vez regaetton? Isto é pa ti.

Outra vez regaetton? Isto é pa ti.

Sigo empeñado no mesmo amig@s. Parécenme realmente incríbeis as letras que se poden chegar a "compor". Non lles atopo nengun sentido, vexo máis sinxelo que simplesmente coloquen o ritmo das cancións, que é o único que realmente merece a pena... neste artigo me gustaría achegárvos a unha canción dun grupo coñecido como Santa Fé que se titula Esto es pa ti. A letra ven a dicer algo semellante a isto:

Esto es pa ti, pa que lo disfruti pa que te enamores, pa que tu marido no guarde rencores, es la medicina pa tos los dolores del corazón (Tres veces).

Hase falta que hueles mi ritmo caliente así que mueves los pies, tu meneo me dice tanto que hasta en tu ropa todo se ve.

Si la vida te dice dale, como es costumbre que digas no, aprovecha las alegrías y no lo digas como hago yo.

Eres más loca, la cosa es ahí que muevas la goma, sabes tu muy bien lo que me alborota, recuerda que estamos en la pista y no pasa na, que estamos con la tropa

Esto es pa ti... (Bis)

Ay! yo no sé lo que a mi me pasa cuando te miro los ojos así, se me hierve toda la sangre como lo buscas que me hagas sentir.

Tú me provocas, después dice tu mami que no estoy en hora, que ando alborotao y con cuatro copas, tú sabes que mi cato te vuelve loca, y que te pones como niña cuando abres la boca...

Esto es pa ti...(Bis)

Arriba mueve la popa ( Tres veces) Este el ritmo que tengo pa ti.
Arriba mueve la popa ( Tres veces) Este el ritmo que tengo, que tengo.

Esto es pa ti... (Bis)

que vos parece? Para comezar polo princípio... Que é o que é pa ti? Cando abres a boca?... Eu xa opinei sobre este tipo de música, non sei que opinades vós... , Para bailar? O ritmo é mais que pegadizo, pero... , por que ninguén repara nas letras? por que tampouco hai posibilidade de conseguir ve-las letras por internet? Como vedes, tiven que ter a vontade e fortaleza de escoitar a canción, un millón de veces, para poder descifrar o que os "cantantes" interpretaban. En caso de querer descarga-lo videoclip ou a canción, ssolicítenmo mediante un e-mail ou un comentario, ou, en todo caso, vía messenger.

"Non á política da indecencia" as cadeas rebélanse

"Non á política da indecencia" as cadeas rebélanse

Tres cadeas norteamericanas de grande prestíxio e importáncia como son CBS, NBC e Fox manifestaron o seu inconformismo coas estritas normas e controles que se estableceron nos contidos dos medios informativos nos Estados Unidos. Unha organización chamada TV Watch, agrupa a todas aquelas asociacións e profisionais que estexan indignados con esta situación. O grupo define-se a si mesmo como "coalición de organizacións e indivíduos", e afirman que a responsabilidade de que os nenos vexan unha cousa ou outra en televisión, deberia ser dos pais, non do goberno.

Entre os grupos que se mostran en contra desta série de medidas gubernamentais destacan os seguintes:
Viacom- CBS, MTV e Nickelodeon.
News Corporation- The Sun, e The News Post (diarios), ademáis da cadea Fox.

A estes importantes grupos engádeselle outro menos coñecido pero tamén de especial importancia: a Cámara de Comércio, asociación na que están involucrados varios profesores universitarios e intelectuais de todo tipo. Un actor recoñecido deste grupo é Joe Palontiano (actor De Os Soprano).).

Tralo pezongate, o que supuxo unha multa millonaria para Viacom, os Estados Unidos viven nunha sociedade que lles engana ainda mais se colle, xa que non reciben a información limpa e clara. Cada cal ten a súa opinión, diso non cabe dúbida... Pero, ¿ten sentido este tipo de política?

Contra a violencia de xénero ¡ Nunca máis!

Contra a violencia de xénero ¡ Nunca máis!

Co goberno do PSOE estáse a comezar a elaborar unha lei que condene a violencia de xénero. Desde xuño do ano pasado, púxose en marcha esta iniciativa que trata de parar e eliminar os maltratos físicos e psicolóxicos aos que moitas mulleres foron sometidas. As denuncias contra homes maltratadores non son suficientes, as ordes de distanciamento, tampouco non. (Máis tarde, un amplo comentario sobre este tema.)

Servicios Sociais programa talleres contra o sexismo

Servicios Sociais programa talleres contra o sexismo

Servicios Sociais celebrará durante a próxima semana, dous talleres os días 18 e 19 deste mes para intentar eliminar os prexuizos sexistas na sociedade. Esta iniciativa parte do Primer Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres que organiza o concello de Lugo.

O lugar de realización do evento será o centro social Uxío Novoneyra, o taller Educando Persoas, destinado ás asociacións de Nais e Pais de Alumnos ( as ANPA). O obxectivo é elimina-los estereotipos que veñen establecidos de tempo atrás, e que impiden que a muller poida desenvolve-la súa actividade con normalidade, sen ter que aguantar ós catro ou cinco de sempre, pero... ¿ Son sempre os catro ou cinco? ¿ Ou hai máis energúmenos que non teñen outra cousa que facer que sentirse superiores ó sexo opuesto?.A psicóloga Vitoria Rei Mariño será a encargada de levar a cabo este difícil labor.

O segundo taller titúlase Linguaxe non sexista e Información, que será impartido ó longo do día 21, e tén como principais destinatarios ós comunicadores e demáis empregados dos mass media. As profesoras serán, neste caso, dous periodistas formadas e especializadas no tema do sexismo: Ana Belén Puñal Rama e María Isabel Menéndez Menéndez. A sesión será das 10 da mañá ata a 1 e media da tarde. Durante as charlas falarase da linguaxe sexista na comunicación, as distincións de xénero, a orde masculina imperante...

Alégrome de que por fin se decidiran a elaborar un taller deste tipo, ainda que este problema tan discutido na actualidade, debería tomarse máis en conta anos atrás, cando o problema era maior. A unidade familiar e a linguaxe deben estar exentos de connotacións sexistas, pero así e todo, parabéns. Máis vale tarde que nunca.

The Simpsons. Homer versus Marge

The Simpsons. Homer versus Marge

Todos somos fans desta fantástica serie. The Simpsons son unha das series de maior éxito nos EEUU, emitíndose en países como México pola 14º temporada. As súas simpáticas personaxes mostran estereotipos moi marcados. Neste artigo, ímonos centrar na parella principal da serie. Homer, representa ao home de mediana idade gordo, nun traballo que requere unha alta responsabilidade que el por suposto, non ten. Inspector de seguridade nunha central nuclear, pasa a maioria do tempo na tasca do seu amigo Moe, emborrachandose a golpe de cervexa Duff. Mentres, Marge, a súa fiel esposa (á cal coñeceu no instituto), é ama de casa, e encárgase de tódalas labores da casa: coidar dos fillos (Bart de 10 anos, Lisa, unha nena superdotada de 8 anos, e Maggie, un bebé que se resiste a falar), limpar toda a casa, facer a compra, preparar a comida, ocuparse de coidar ao propio Homer... En fin , todo o fai Margorie. Isto levouna moitas veces a sofrer percances de todo tipo: vivir tan estresada que ata se lle caeu o pelo (aparece neste capítulo a institutriz Shery Bobbins), ter a urxente necesidade de se tomar unhas vacacións no Rancho Relaxo, participar na obra Un tranvia chamado Desexo, a cal abriulle os ollos, e fíxolle comprobar que estaba a vivir como unha escrava.... Multitude de aventuras nos diverten dia tras dia en Antena 3... Pero... ,e a forte crítica que Matt Groening e Sam simon fan sobre a situación da muller? Na serie, a maioria das mulleres vense involucradas nunha relazón cos seus homes de "chacha", dito vulgarmente (excepto Acness, a cal mantén ao seu fillo Seymour Skinner, a raia).

The Simpsons é mais que unha série de debuxos animados. Trata de presentar e criticar á vez a situación dos Estados Unidos. A medida que transcorren os episodios, comprobamos que á evolución da sociedade estadounidense, nin tan siqueira pódeselle chamar evolución. Comentarios de Homer a Marge: "Marge xa sei o que eu podo dárche , que ninguén mais pode ofrecerte : Absoluta e total dependencia". Neste capítulo, Homer vóltase conselleiro matrimonial, e dedícase a contar os segredos mais íntimos que comparte coa súa muller. Isto enoxa a Marge, e bótao de casa. Esta frase dilla á sua muller para poder voltar con ela.
Marge- Homer non queda cervexa, pero hai limonada se queres...
Homer- Non xogues comigo muller.

Noutro capítulo, Homer lle regala a Marge unha bola para xogar aos bolos, con Homer inscrito, e, mesmo, o grosor dos buracos axustados aos seus dedos. Este tipo de detalles poden resultar cómicos, pero... , pensades vós que non acontecen de verdade? Non estou a falar en contra da serie, para nada, é das miñas favoritos. Tan só trato de explicar a crítica que os creadores realizan tamén sobre o sexismo.

Piropos da construcción... Os 10 primeiros

Piropos da construcción... Os 10 primeiros

Os piropos que as mulleres reciben pola rúa... ¿ que opinan en realidade as mulleres sobre eles? A algunhas lles fan graza, a outras nengunha, outras se poñen agresivas e insultan, e mesmo as hai que se non reciben un piropo ao pasar polo lado dunha obra, se indignan. Pero, Deberíase chamar isto piropo? Non seria mellor adoptar un novo termo? "Obreopo"? O piropo sóltase para ligar, para halagar á rapaza, pero estes obreopos sóltanse, máis que nada, para se desafogar e se cadra, para demostrar a hombría e a suposta superioridade do home... A ver que vos semellan estes dez primeiros... Máis adiante haberá mais:

1. ¡¡¡Dime quen é o teu xinecólogo para chuparlle o dedo!!!

2. ¡¡¡Tes dous ollos como dúas tixolas que cando chos ollo se me friten os ovos!!!

3. ¡¡¡Nena!!! ¡¡¡Estás máis apretada que os parafusos dun submarino!!!

4. ¡¡¡María!!! ¡¡¡Tes uns ollos que..., que..., que che comeria toda a cona!!!

5. ¡¡¡Se foses barco pirata che comeria o tesouro que tes entre as patas!!!
6. ¡¡¡Me gostaria que foses un polo para che meter o pau polo cu e facerte suar!!!

7. ¡¡¡Señora!!! ¡¡¡Cámbiolle a filla por un piano e así tocamos os dous!!!

8. ¡¡¡Seria capaz de follarme ó teu can para entrar na túa família!!!

9. ¡¡¡Estás tan boa que che faria un traxe de saliva!!!

10.¡¡¡Preciosa, quen fose baldosa, pa verte a cosa!!! ( A traducción non está correcta completamente, xa que ó trocar cosa, por cousa, desfaise a rima lóxica consoante)

Muller ó volante, perigo constante

Muller ó volante, perigo constante

Este é un dos moitos ditos populares coñecidos por todos. A maioria dos homes afirman que se lles escapou algunha que outra vez... Se non din ese, utilizan unha variante moi coñecida por todos: "Muller tiñas que ser". Pero, , é unha realidade, ou un dito machista que non ten sentido?

As estadísticas nolo aclaran. no ano 2001, o 78% das mortes por acidentes de tráfico, foron protagonizadas por homes. O mecanismo dos homes é moi sinxelo. Creémonos os amos da estrada, o noso carro é seguridade, non nos vai fallar. Asi pensamos, e a partir dese pensamento, chegan as desgrazas. Moitos direis... si xa, pero se o 78% de mortes as protagonizan homes é porque somos os que máis conducimos... Si, é certo, pero ainda asi, realizando un muestreo equilibrando a balanza para ambos sexos, os homes representan o 68% das mortes...

As mulleres, polo xeral, lle teñen respeto ao carro. Manexano con cuidado, con precaución, e por suposto, por estadística, póñense máis o cinto que os homes, rebasan menor número de veces o límite de velocidade, e, reciben un menor número de multas...Si, a muller tamén pasa menos horas ao volante, e percorre menos quilómetros que os homes, pero ainda asi, outra vez máis, calculando as porcentaxes tomando en conta ese dato, os homes cometen máis acidentes, nun 60%....

Para min , é un dito do que se descoñece a procedencia, e que plasma alguns resquicios da sociedade machista e patriarcal. Temos que asumilo rapaces: elas poden conducir, saben, e, mesmo, o fan mellor que nós... pasamos a época na que só habia un carro familiar, e agora hai un coche para a muller e o home. Por último, un orixinal consello: Precaución, amig@ condutor/a.

Novo logo en Andresinho

Andresinho ten novo logo! Para que os que visitedes a miña páxina non teñades a oportunidade de coñecerme en persoa, adianto unha fotografía miña para que me coñezades millor. Espero que esta nova aportación non supoña un descenso vertixinoso no meu número de visitas no contador...

Por certo, Óscar, sinto que aparezas ti na fotografía, pero é que non teño outra na que apareza eu só, xa que formateei o PC hai pouco, e teño poucas imaxes, pero espero que non te moleste este logo provisional...

Dende aquí convídovos a que visitedes o seu web blog: Oskarillo_10, un dos millores blogs que vin na miña vida... O que queira saber de deporte, que lle pregunte a Oskarillo...

Sen máis despídome...

Aupa Arsenal! (Enlace á foto ó final do artigo)

Un mail dunha amiga de Santiago que se chama Beatriz, inspirou que colgara este artigo no web blog. Vemos, como no artigo do corpo humano coma arte, a esta muller, toda unha forofa do Arsenal, o equipo londinense. Quero que observedes con detemento a fotografía que opinades sobre ela e sobre este novo apartado da páxina. Baixo o meu punto de vista, isto é unha arte alternativa, e cada vez é maior a explotación deste tipo de pintura. Para algúns, só é a substitución do lienzo polo corpo humano. Para outros, algo máis. Non sei o éxito que terá, pero a moza realmente, merece telo. En breves, máis fotografías con connotacións sexuais.

Como non consego colocar a imaxe dende aquí, ofrezo un enlace para aqueles que queran ver a fotografía sen necesidade de ir ó blog en castelán: Clicade eiquí!

Ese elefante ¿ A trompa? (Enlace á fotografía ó final do artigo)

A continuación ensínovos un interesante cadro realizado a partir do corpo dun xove. Nel, podemos ver de protagonista a un elefante, o cal está rodeado de cor azul, e cunha árbore de fondo, que sitúa ó elefante nun hábitat afín a súa especie. O elefante (cabe destacar que é de tipo africano, xa que é de cor gris) ocupa todo o abdomen do home, ademáis da pelvis e parte das súas extremidades. O detalle curioso e que máis chama a atención é o emprego do pene do rapaz, que neste caso simboliza a trompa do animal...

Insisto en saber que opinades das fotografías, e desta nova sección colocada na miña páxina, para ver se vai ter éxito, ou é millor que desista... A min páreceme unha sección un tanto cachonda e simpática, para romper un pouco o xeo e buscar unha perspectiva máis cómica do sexo e do sexismo... Porque os temas tratados non son para nada de risa...

Outra vez, Blogia xógame unha mala pasada, e non me deixa colocar a imaxe correspondente a este artigo... Desta maneira a dinámica do web blog non é a mesma... Aínda así, para os interesados coloco un enlace a vosa disposición: Clicade eiquí!

Streaking... Arte ou gamberrismo?

Streaking... Arte ou gamberrismo?

Todo o mundo coñece a ese home que se aventura a cruzar os terrenos de xogo de calquera evento desportivo espido con algunhas palabras pintadas no seu corpo, ou mesmo algúns curiosos adornos... Pero... , quen é este home? A que moitos non sabedes o seu nome? Pois el é Mark Roberts, un home británico sen escrúpulos e con moito sentido do humor. Este inglés de corenta e un anos de idade, tiña unha vida sinxela e normal como a de calquera outro, pero en 1993 en Hong Kong, todo cambiou. Saltou en medio dun partido de rugby, e desde aquela, leva mais de 200 aparicións e xa apareceu no libro libro Guiness dos Récords. Entre as súas aparicións, está a Liga de Fútbol Profesional española, o Roland Garros, outras ligas de futebol do mundo (multitude de aparicións na liga do seu país) e mesmo, en sesións de golf.
Ademais, este home se abre a novas experiencias, e rodou fai un pouco un anuncio con Renault Kangoo, e fai mais tempo un anuncio co Athletic Club de Bilbao, spot no que, por unha vez, aparece vestido.

As pelexas de barro. Suciedade e erotismo

As pelexas de barro. Suciedade e erotismo

As pelexas de barro son, para moitos, un deporte. Nos Estados Unidos, existen incluso asociaciones e lugares específicos onde se organizan campionatos deste tipo. Ademais de neste país (en teoria, modelo de paises para o resto do mundo libre), este deporte practícase en moitos outros paises de Europa. Grandes empresarios manteñen contactos con moitas discotecas. Eles poñen o diñeiro e as loitadoras, a discoteca a cambio, dálle unha alta porcentaxe dos beneficios que se obteñan, e a verdade, as cifras que se atinxen son realmente incríbeis.

Pero á hora de participar, os homes séntense cohibidos e con vergoña de participar, ainda que se teña a imaxe deles como saídos e desesperados polo sexo, no momento no que o presentador do show lles convida a participar, se voltan todos covardes.

As regras son moi sinxelas: unha piscina chea de lama, dúas mulleres. A que tire á outra fora da piscina primeiro é a gañadora. Moi simple, pero para moitos, unha forma de vida e de comercio.